A plataforma de afectados polas preferentes en Marín e Pontevedra forzou coas súas protestas o peche da sucursal de NovaGalicia Banco na rúa Ferreiros.
As mobilizacións empezaron ás dez da mañá fronte á Subdelegación do Goberno para logo trasladarse ata a oficina máis próxima onde bloquearon a entrada da sucursal, obrigando ao seu peche durante dúas horas.
A continuación dirixíronse á Deputación onde foron recibidos pola deputada Ana Isabel Vázquez nunha reunión improvisada á que se sumou sobre a marcha o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, que se comprometeu a facer xestións para que se axilicen as arbitraxes e a facilitarlles asesoramiento xurídico. "Mesmo traballará para conseguir que as taxas sexan gratuitas", apuntou Fátima Entenza, portavoz da plataforma.
Fátima Entenza explicou o agravio comparativo dos prexudicados de Pontevedra e Marín respecto de outros colectivos que "seguen recibindo cartas de arbitraxe a diario", polo que decidiron "intensificar" as súas protestas con novos actos reivindicativos "máis contundentes". Estas medidas que consensuarán a próxima semana en asemblea.
Esta portavoz sinalou que tras coñecer os términos da quita aplicada aos clientes de Bankia "os ánimos están moi caldeados" polo que asegurou que os responsables da Plataforma de Marín e Pontevedra "tal e como está a situación agora mesmo non respondemos por ninguén".
"Isto vai acabar e si non recuperan o seu diñeiro tomarán as súas propias decisións", dixo esta portavoz "hai xente moi desesperada que non sabemos que é o que van facer e que si teñen que coller un arma vana a coller", advertiu.