Cotobade entrega ao Museo de Pontevedra o petroglifo "Pedriña dos Cervos"

Cerdedo-Cotobade
18 de abril 2013

O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, fixo entrega ao Museo de Pontevedra do petroglifo "Pedriña dos Cervos" de Fentáns o cal vai a formar parte dunha exposición sobre arqueoloxía e arte rupestre no propio museo

O alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, fixo entrega ao Museo de Pontevedra do petroglifo "Pedriña dos Cervos" de Fentáns o cal vai formar parte dunha exposición sobre arqueoloxía e arte rupestre no propio museo.

En nome desta institución o seu director, Carlos Valle, recolleu esta importante peza en calidade de depósito, de acordo coas Resolucións da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Este petroglifo conta coas seguintes características: Granito de 150x60x60 cm e cun peso aproximado de 400 quilos.

Arquivado en