Cotobade despide o entroido co Domingo de Piñata en Carballedo

Cerdedo-Cotobade
04 de marzo 2017

Centos de persoas agarda xuntar o Concello de Cerdedo-Cotobade para dicir adeus o seu entroido. Será co tradicional Domingo de Piñata, unha festa que se celebrará no pavillón de Carballedo este domingo 5 de marzo, a partir das cinco da tarde

Casa consistorial de Cerdedo-Cotobade
Casa consistorial de Cerdedo-Cotobade / Mónica Patxot

Centos de persoas agarda xuntar o Concello de Cerdedo-Cotobade para dicir adeus o seu entroido. Será co tradicional Domingo de Piñata, unha festa que se celebrará no pavillón de Carballedo este domingo 5 de marzo, a partir das cinco da tarde.

O Domingo de Piñata, que conta coa colaboración da Asociación Cultural San Miguel de Carballedo, comezará cun desfile polas rúas da Chan ata o polideportivo. Os interesados en participar terán que inscribirse unha hora antes na casa consistorial.

Contra as 17.30 horas comezará o concurso de disfraces para os cativos, que incluirá agasallos para todos os participantes. Unha hora máis tarde será a quenda dos adultos, que tamén competirán polo premio especial ao mellor choqueiro.

En total, o Concello habilitou 875 euros en premios para esta edición

Para completar a xornada, haberá un concurso de comparsas e murgas, que darán o punto de humor e ironía a esta festa, e outras actividades, como photocall, animación, baile, karaoke con sorpresas, zumba con Adriana García e a actuación en directo do grupo Cantalúa.

Arquivado en