A carreira pedestre de San Silvestre obrigará á Policía Local a realizar cortes puntuais do tráfico na tarde desde xoves 31 de decembro en gran parte do centro da cidade de Pontevedra.
A partir das cinco da tarde, coa saída desta proba deportiva da avenida de Montero Ríos, dará comezo un dispositivo especial que se manterá durante os case catro quilómetros de percorrido.
Os atletas pasarán por Riestra, Oliva, García Camba, Andrés Muruais, praza de Galicia, Augusto García Sánchez, Raíña Vitoria, Alameda, Marescot, Xeneral Martitegui, Concepción Arenal, Pardo Bazán, Arcebispo Malvar, Barón, Enfesta de San Telmo, Ponte, Celso García de la Riega, Valentín García Escudero, Serra, avenida de Bos Aires, Irmáns Sobrino Buhígas, Cruz Vermella, Pai Amoedo, Sarmiento, Méndez Núñez, Real, Curros Enríquez, Soportais, paseo Antonio Odriozola, Peregrina, Michelena, praza de España e Montero Ríos.
En todas elas non haberá restrición de estacionamento, se ben os vehículos que se atopen aparcados no percorrido non poderán movelos ata o remate da proba.
En todo caso, desde a Policía Local apuntan que os cortes de tráfico serán puntuais, de tal xeito que ao paso da carreira restablecerase a circulación. Neste sentido, aseguran que ao iniciarse nas rúas de máis intensidade de tráfico como son a praza de Galicia, Raíña Vitoria e Alameda, en menos de dez minutos estará normalizado o tráfico.
A proba ten unha duración aproximada dunha hora.