Cortes de tráfico no Grove para celebrar o final do Entroido 2018

O Salnés
23 de febreiro 2018

O concello de O Grove informou sobre as restriccións de tráfico que se levarán a cabo durante o desfile de Entroido do 24 de febreiro.

Presentación do programa do Entroido no Grove
Presentación do programa do Entroido no Grove / Concello do Grove

O Concello do Grove restrinxirá o tráfico con motivo da celebración do desfile de Entroido deste sábado 24 de febreiro.

A policía local elaborou un dispositivo para asegurar o bo desenvolvemento do festexo, restrinxindo o acceso a vehículos desde as 9:00 horasna Prazado Corgo para preparar a chegada das carrozas e os participantes, e posteriormente prohibirase o aparcadoiro na rúa e cortarase o tráfico a partir das 17:00 horas coincidindo co inicio do desfile e ata o final do mesmo, tras o Enterro da Sardiña.

As rúas que serán cortadas ao tráfico serán: Rúa Beiramar, Rúa Luís Casal, Rúa das Barqueiras, Batalla de Lepanto, O Pombal, Rúa Castelao, Luís A. Mestre, Alexandre Bóveda, Rúa da Praza, Luís Seoane, Rúa Pablo Iglesias e O Corgo. O corte será efectivo durante a duración do pase do desfile por estas rúas e estas serán abertas a medida que avance a marcha.

O desfile tivo que ser aprazado debido ás abundantes choivas que azoutaron a Galicia durante a semana en que este estaba programado, e dará fin ás celebracións de Entroido de 2018, entregando máis de 4.000 euros en premios aos participantes, que poderán inscribirse a partir das 15:30 horas na mesma Prazado Corgo onde iniciará a festa, fronte ao concello da vila turística.

Arquivado en