Cortes de tráfico en Poio polo enterro do galo Fodorico

Poio
06 de marzo 2020

A comitiva partirá ás 20.30 horas deste sábado da contorna da antiga escola unitaria do Sartal, ata chegar á Praza do Mosteiro, onde terá lugar a queima da emblemática figura. Posteriormente, celebrarase a Festa Choqueira. Desde a mañá deste venres xa se está traballando na montaxe da carpa que dará acollida á celebración

Desfile do Entroido en Poio
Desfile do Entroido en Poio / Diego Torrado

A Policía Local de Poio desenvolverá un dispositivo especial de tráfico durante a celebración do Enterro do Galo Fodorico, unha das actividades estrela da programación do Entroido.

A comitiva partirá ás 20.30 horas deste sábado da contorna da antiga escola unitaria do Sartal, ata chegar á Praza do Mosteiro, onde terá lugar a queima da emblemática figura. Posteriormente, celebrarase a Festa Choqueira. Desde a mañá deste venres xa se está traballando na montaxe da carpa que dará acollida á celebración.

Con respecto ao dispositivo, policial, o corpo de seguridade informa de que a partires das 20.00 horas cortarase o tráfico no Camiño do Cereiro, desde o cruce con Vilariño.

Ademais, non será posible estacionar desde as 15.00 horas do propio sábado. Ademais, realizarase un corte parcial de acceso ao tráfico rodado na rúa Gonzalo Fernández de la Mora y Mon, que enlaza a PO-308 co Mosteiro. Por ese vial só se permitirá a entrada aos residentes.

 

Arquivado en