O Concello de Sanxenxo informa que desde hoxe martes e ata o vindeiro venres 10 de xaneiro permanecerá cortado ao tráfico un tramo da Avenida de Pontevedra en Portonovo.
O motivo desta alteración atópase nas obras que se están a realizar no Miradoiro da Peixeira.
O corte afecta á zona da Subida San Roque, establecéndose un itinerario alternativo pola Rúa Ourense, Rúa Cervantes e Rúa Arturo Fontán para acceder á contorna do Campo San Roque.
Ademais, habilitouse un tramo da avenida de Pontevedra, desde a Rotonda do Mariñeiro ata as proximidades da Subida San Roque, para uso exclusivo de residentes e acceso a garaxes.
Como consecuencia destas obras, a parada de autobús escolar do Enxido trasládase temporalmente á parada do Mercado de Portonovo.
Os traballos, que están sendo executados pola empresa Misturas, Obras e Proxectos, supoñen un investimento de preto de 943.000 euros e abranguen unha superficie total de 3.100 metros cadrados
Desde o goberno local recomendan aos condutores que teñan en conta estas alteracións no tráfico e utilicen as rutas alternativas sinaladas durante os catro días que durarán os traballos nesta punto.