Corte de tráfico na rúa Cobián Roffignac pola retirada dun guindastre

Pontevedra
03 de setembro 2024

O Concello de Pontevedra informou que o vial permanecerá pechado á circulación rodada desde as 08.00 horas e ata as 18.00 horas do domingo

Obras na rúa Cobián Roffignac
Obras na rúa Cobián Roffignac / PontevedraViva

O Concello de Pontevedra anunciou un dispositivo de tráfico para o vindeiro domingo na céntrica rúa Cobián Roffignac.

Este vial estará pechado desde a mañá pola retirada dun guindastre empregado nas obras no número 18 desta rúa o que provocará o corte ao tráfico o vindeiro domingo, 8 de setembro.

O Concello de Pontevedra informou que o vial permanecerá cortado á circulación rodada desde as 08.00 horas e ata as 18.00 horas do domingo.

Para garantir a accesibilidade de vehículos durante esta xornada, a Policía Local elaborou un dispositivo de tráfico alternativo do que informará a través de sinalización e dos operarios encargados de garantir o correcto funcionamento do desvío.