Corte de tráfico e desvíos polo Entroido en Poio

Poio
01 de marzo 2019

A Policía Local de Poio deseñou o dispositivo especial de tráfico para o desfile do Entroido que terá lugar o vindeiro domingo 3 de marzo co fin de garantir a seguridade viaria e o normal desenvolvemento da festa

Gran Desfile de Entroido de Poio 2018
Gran Desfile de Entroido de Poio 2018 / Diego Torrado

A Policía Local de Poio deseñou o dispositivo especial de tráfico para o desfile do Entroido que terá lugar o vindeiro domingo 3 de marzo co fin de garantir a seguridade viaria e o normal desenvolvemento da festa.

Os cortes de tráfico programados na PO-308 serán dende as 15:00 horas ata as 20:00 horas, de tal xeito que a apertura dos tramos pechados realizarase a medida que pase o desfile e o servizo de limpeza viaria.

Este venres comezou a colocación dos valos de sinalización que prohiben o estacionamento. En total colocaronse 130 valos, sumando os de cortes de tráfico, prohibido aparcar e de seguridade.

O percorrido do entroido será en circuito pechado, que sairá da Rotonda do Pazo Peirado Besada, Avenida Porteliña con dirección Avenida de Encoirados e chegada a San Xoán ( Costa de Albar) O tramo estará pechado o tráfico dende as 15:00 horas permitindo ata esa hora o estacionamento no tramo dende Avenida de Encoirados y Avenida de San Xoán, prohibindo mover vehículos ata o remate do desfile. O tramo dende a rotonda de Besada ata o semáforo da Avenida de Porteliña queda prohíbido estacionar, para a montaxe dos participantes, e dende o semáforo ata Avenida de Encoirados queda prohibido estacionar no marxen esquerdo e prohibido mover vehículos no lado dereito.

Os vehículos que se atopen estacionados en ambas marxes do percorrido non poderán saír ata o remate do desfile, como medida de seguridade.

Para garantir a circulación rodada, os vehículos que circulen de Sanxenxo con dirección Pontevedra serán desviados na rotonda de As Bardancas (O Remo) cara a VG4.8 e os vehículos que circulen dende Pontevedra hacia Poio serán desviados na rotonda Pazo Besada cara Lourido, Campelo ou AP9, habilitando así itinerarios alternativos.

Recoméndase que aqueles vehículos que circulen desde Pontevedra ou Vilagarcía con dirección Sanxenxo utilicen a VG4.8.

O corte da PO308 estará debidamente sinalizado e regulado por axentes da Policía Local.

Para o desenrolo do operativo cóntase coa colaboración de Protección Civil e Servicios Operativos do Concello.

 

Arquivado en