Cortan o tráfico este martes no primeiro tramo de San Antoniño para asfaltar

Pontevedra
04 de novembro 2019

As restricións terán lugar entre as 10 e as 19.30 horas, durante as que o sentido do tráfico na rúa Xavier Puig investirase para facilitar o acceso aos garaxes

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visita as obras da rúa Lepanto
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, visita as obras da rúa Lepanto / Cristina Saiz

A reforma da contorna de Benito Corbal e San Antoniño quedará concluída esta semana cos traballos de asfaltado que están previstos para este martes 5 de novembro e que obrigará a cortar o tráfico entre a Praza de Barcelos e a rúa Xavier Puig entre as 10 e as 19.30 horas.

Informan desde o Concello que mentres duren os traballos investirase o sentido da rúa Xavier Puig para facilitar o acceso aos garaxes desta rúa e a de Altamira.

Con esta actuación dáse por concluída a última parte da obra da rúa Lepanto que tivo un custo de 183.400 euros e consistiu na substitución dos servizos soterrados de saneamento, a creación dunha plataforma única, a mellora da accesibilidade, mellora a da iluminación e creación dunha praza no cruzamento con Benito Corbal.