A Policía Local de Pontevedra cortou na tarde deste luns a rúa Joaquín Costa para permitir que efectivos do Corpo de Bombeiros puidesen realizar con total seguridade unha intervención no tellado dun edificio.
Segundo a información facilitada polos bombeos, sobre as 17.20 horas recibiron unha chamada alertando de que había unha uralita a piques de caer, co consecuente risco para a seguridade cidadá.
A persoa que alertou reside nun edificio situado en fronte do que tiña a situación de perigo e viu o ocorrido. Tras a chamada, dúas dotacións dos Bombeiros de Pontevedra desprazáronse ata o lugar e comprobaron que só había unha uralita en risco de desprendemento.
Os bombeiros despregaron a escaleira aérea para chegar ata a zona do tellado e retirar a uralita.
A intervención prolongouse durante ao redor dunha hora.