O coronel Touceda, a "cara moderna das Forzas de Seguridade" para dirixir a Garda Civil en Pontevedra

Pontevedra
20 de marzo 2025

Tras máis de 30 anos no Corpo, e unha década como número dous da Comandancia, tomou posesión nun acto presidido polo delegado do Goberno e o xefe da Garda Civil en Galicia

Toma de posesión de Manuel Touceda como coronel xefe da Garda Civil de Pontevedra
Toma de posesión de Manuel Touceda como coronel xefe da Garda Civil de Pontevedra / Mónica Patxot

O coronel Manuel Touceda xa é formalmente o xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra. Tras máis de 30 anos no Corpo, e unha década como número dous desta Comandancia, este xoves tomou posesión como máximo responsable.

Celebrouse nun acto con nutrida asistencia de autoridades no exterior da Comandancia e que, a pesar da choiva que caeu por momentos, estivo cargado de solemnidade e vistosidade. Como colofón, representantes de todas as unidades do Corpo na provincia desfilaron ante os presentes.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presidiu o acto, ao que tamén acudiron o subdelegado na provincia, Abel Losada; o xeneral fefe da XV Zona da Garda Civil, Miguel Ángel González Arias; o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez; o conselleiro de Cultura, José López Campos; alcaldes de toda a provincia; e autoridades civís e militares.

Pedro Blanco destacou de Touceda que é "unha persoa da casa", pois é pontevedrés e ten unha dilatada traxectoria nesta mesma Comandancia, e tamén que "representa nin máis nin menos que esa cara moderna dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado".

Convencido de que "hai que reforzar esa liña" de modernidade e "adaptación ás novas necesidades da sociedade", o delegado do Goberno ve unha "decisión moi acertada" a designación.

Mostrou a súa "total confianza" en que o seu nomeamento se traducirá en "excelentes resultados" para a seguridade da provincia e destacou a súa traxectoria "impecable" de máis de tres décadas na Garda Civil e que coñece a provincia de Pontevedra "como a palma da man" e tamén aos homes e mulleres desta Comandancia.

Touceda, como destacou o delegado, "chega coas ideas moi claras" e con compromiso firmes como reforzar a loita contra a violencia de xénero, combater a ciberdelincuencia e fortalecer a cadea de mando.

O delegado do Goberno non se esqueceu do esforzo e dedicación dos anteriores responsables deste Corpo, que conseguiu esclarecer máis de 4.000 delitos no último ano, consolidando a provincia de Pontevedra como unha das máis seguras do país.

"Pontevedra está 9 puntos por debaixo da taxa de criminalidade nacional, a pesar da complexidade do territorio, cunha alta densidade demográfica, fronteira internacional e tres grandes portos, ademais dun aeroporto", destacou Branco.

Tamén o xeneral xefe Miguel González destacou a "sólida formación e experiencia profesional" de Touceda, e lembroulle o reto de dirixir á Garda Civil nun "territorio único" que "demanda especial dedicación e preparación dos gardas civís".

Touceda, moi agradecido e emocionado polo nomeamento, tivo unhas palabras para os seus superiores e tamén para a súa familia, con especial mención ao seu pai, "un garda civil que estaria feliz de ver o seu fillo ao mando da comandancia onde serviu durante máis de 30 anos".

Para el, asumir o mando da Comandancia é "unha honra e unha enorme responsabilidade" e márcase "moitos retos e moi cambiantes" para garantir a seguridade cidadá de medio millón de habitantes e centos de miles de turistas e peregrinos.

Entre os seus retos destaca a loita contra a violencia de xénero. "Temos que seguir garantindo a seguridade de máis de 1.000 vítimas de violencia de xénero que residen na nosa demarcación e prestarlles un servizo próximo e de calidade para que ningunha vítima renuncie a denunciar o que lle esta a pasar", sinalou.

As novas formas de delincuencia como a cibercriminalidade; o narcotrafico; os delitos medioambientais, especialmente contra os incendios forestais; e axudar e protexer os maiores que viven moitas veces illados e vulnerables a calquera forma de delincuencia completan a súa lista de retos.