Corentena, pero con ritmo: os veciños dun edificio de Loureiro Crespo anímanse para non caer no aburrimento

Pontevedra
17 de marzo 2020

Esta comunidade de veciños creou un festival cheo de música, co lema #yomequedoencasa, que fará máis ameno o confinamento os seus veciños. Cada día, ás 18:00 horas, os residentes saen as ventás do patio interior a cantar unha canción que xa ven desginada no programa desta iniciativa

Corentena si, pero con música e baile / Diego Torrado

O estado de alarma está a sacar o mellor dos nosos veciños. Nestes días, xa puidemos ver numerosas imaxes de persoas saíndo os balcóns das súas casas e animando a baleira rúa, algúns cantando, outros xogando o veo veo, e ata facendo exercicio ou xogando o bingo. Ademais, a solidariedade móstrase máis que nunca cos aplausos os empleados sanitarios, que se fan todos os días ás 20:00 horas. 

Pero... ¿qué pasa antes das 20:00 horas? ¿Están, os veciños Pontevedreses, destinados ao aburrimento? Para aqueles que xa levan confinados case unha semana, pode que todo lles pareza aburrido, rutinario...e que a pesar de que en casa hai moitas cousas que facer, é inevitable caer no hastío. Estar en casa, tamén cansa. 

É por isto que unha comunidade de veciños da rúa Doutor Loureiro Crespo creou un festival cheo de música, co lema #yomequedoencasa, que fará máis ameno o confinamento dos seus veciños. Cada día, ás 18:00 horas, os residentes saen as ventás do patio interior a cantar unha canción que xa ven desginada no programa desta iniciativa. Entre elas, cancións como 'Madre Tierra', de Chayanne, 'All Of Me', de John Legend, 'Tusa', de Karol G e Nicky Minaj e 'Sobreviviré', de Mónica Naranjo. Ademais, este programa tamén conta con xogos como o 'veo veo' e o 'tutti frutti'. Para que a ninguén se lle olvide asistir á cita, o veciño encargado do micrófono avisa cada día, un pouco antes das 18:00 horas, de que o festival vai comenzar.

Pode parecer que, algunhas veces, aínda que vivamos nun edificio, síntamos que estamos sós. As paredes da casa sepárannos, ás veces podemos escoitar os ruidos do piso contiguo, pero nada máis. Susurramos un 'hola' ou 'bos días', cando entramos no ascensor ou nos encontramos no portal, e aí queda a cousa. Pero despois desta situación, está claro que os nosos veciños que tan distantes parecían, terán un espazo pequeniño no noso corazón.

Todo isto é unha proba de que, unidos, todo sairá ben. Este martes tocou bailar con Chayanne e este mércores será a quenda de cantar "¿Qué pasará? ¿Qué misterios habrá?" de 'Mi gran noche', de Raphael.