Este sábado 19 de xuño na Praza de España entre as 10 e as 13.30 horas terá lugar unha adestramento deportivo co obxectivo de dar visibilidade das enfermidades inflamatorias intestinais (EII).
Trátase da campaña 'Adestrar polas EII' que este mércores foi presentada en rolda de prensa co tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández; o concelleiro de Benestar Social, Marcos Rey; os portavoces da Asociación Socio Sanitaria de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (ASSEII) Ángela Paz e Víctor Loira; o presidente do Club Waterpolo Pontevedra, José Tellería, e o director rexional de Relacións Institucionais de Janssen, José Luis Álvarez Casas.
"Necesitamos difundir que son estas patoloxías" que padecen unhas 1.500 persoas na área sanitaria de Pontevedra, explicou Ángela Paz. A mensaxe fundamental que se lanzará nesta campaña é a importancia da actividade deportiva para estas persoas, pero sempre contando con profesionais que lles orienten.
Tamén participa nesta campaña Asampo, a Asociación de Amigos da Pontevedrada que ten como principal obxectivo o fomento da doazón universal.