A Concellaría de Normalización Lingüística celebrou este xoves a primeira xuntanza do xurado do Premio Xoán Manuel Pintos, que convoca a Rede de Entidades Amigas da Lingua. Trátase dun premio bianual que que leva o nome de Pintos porque "foi o primeiro que reflexionou sobre a necesidade de normalizar o idioma", segundo destacou o concelleiro Demetrio Gómez.
Nesta primeira reunión puxéronse sobre a mesa os nomes dos candidatos a este premio, que recoñecerán á mellor acción relacionada coa Normalización Lingüística nos últimos dous anos e tamén a una traxectoria histórica dunha persona física ou xurídica neste eido.
As candidaturas propostas serán votadas o próximo 7 de novembro nun novo encontro do xurado, composto por Demetrio Gómez, unha técnico do servizo municipal de normalización lingüística, tres representantes do tecido asociativo (Asociación cultural O Burgo, FANPA y Asociación Manaia), os premiados o ano pasado (Aula Castelao, a Coordinadora Galega de Normalización Lingüística e Praza Pública), e representantes da Xunta de Galicia, o Colexio de Xornalistas e dos centros educativos de Pontevedra.
A entrega de premios será o 28 de novembro, ás 20.30 horas, no pazo de Mugartegui.