Convocan unha concentración con bonecos ante o Centro de Saúde de Baltar para reclamar pediatras e matronas

Sanxenxo
15 de novembro 2022

A Plataforma SOS Sanidade Pública Sanxenxo organiza esta protesta en apoio ao colectivo Pediatras e Matronas Xa! prevista para o domingo 20 de novembro, con motivo do Día da Infancia, ás 12.00 horas. Anuncian unha cadea humana baixo o lema "Arroupando a sanidade pública digna" 

Convocatoria de protesta en Baltar prevista para o domingo 20N
Convocatoria de protesta en Baltar prevista para o domingo 20N / Plataforma Defensa Sanidade Pública Sanxenxo

A Plataforma SOS Sanidade Pública Sanxenxo organiza o domingo 20 de novembro, ás 12.00 horas, ao redor do Centro de Saúde de Baltar unha concentración e unha cadea humana baixo o lema "Arroupando a sanidade pública digna".

A protesta reclama á xerencia da área sanitaria a cobertura das postos vacantes por baixas, vacacións e xubilacións, ademais do reforzo de ambulancias medicalizadas cunha a maiores na zona sanitaria. Piden tamén equipos completos nos PAC e, en xeral, máis persoal sanitario, máis atención primaria e "menos postureo".

Pero ademais, a concentración tamén é un apoio á marcha do colectivoPediatras e Matronas Xa!con motivo do Día da Infancia. Precisamente en Baltar carecen de servizo de pediatría no centro de saúde. 

Na convocatoria solicitan que se deixen bonecos ás portas do recinto médico para manifestar o malestar pola falta deste servizo. Tamén instalarán pancartas no xardín para que quede constancia das queixas. Piden que os participantes realicen fotos e súbanas ás redes co cancelo #pediatrasematronasxa

Aqueles bonecos que non se recollan antes das 17.00 horas do 21 de novembro serán doados a unha organización sen ánimo de lucro para a campaña do Nadal.