Convocan concentracións pola "mala xestión dos recursos humanos" na Sanidade Pública

Pontevedra
02 de agosto 2021

Ás 10.30 horas terá lugar a primeira concentración diante do Centro de Saúde de Baltar, en Sanxenxo e ás 13.30 horas será no Hospital Provincial de Pontevedra

Concentración de persoal do Hospital Provincial
Concentración de persoal do Hospital Provincial / Mónica Patxot

Para este mércores 4 de agosto están convocadas dúas concentracións para protestar pola "mala xestión dos recursos humanos" na Sanidade Pública "e o consecuente aumento da presión asistencial á que todos os traballadores están sometidos".

Os convocantes desta protesta son os sindicatos PROSAGAP, CIG, UXT, OMEGA, CSIF, CCOO, SATSE e CESM.

Ás 10.30 horas terá lugar a primeira concentración diante do Centro de Saúde de Baltar, en Sanxenxo e ás 13.30 horas será no Hospital Provincial de Pontevedra.

Desde estes sindicatos fan un chamamento "a todos", á cidadanía en xeral e especialmente aos seus compañeiros dos distintos centros de saúde e centro hospitalarios "para que dunha vez se faga caso a estes problemas e se apliquen as medidas necesarias para unha solución definitiva".

Nestes actos de protesta reclamarase a mellora da atención e dos recursos humanos "para que todos os colectivos poidan traballar en condicións dignas".