Convocadas 4.848 personas para vacinarse este martes no Recinto Feiral de Pontevedra

Pontevedra
10 de agosto 2021

Tamén haberá "repesca" para aquelas persoas de grupos de idade que xa foron citados pero que no seu caso aínda non recibiron a vacina contra a covid-19, co fin de que poidan sumarse ao proceso de inmunización. Moitos son cidadáns que inicialmente rexeitaron a profilaxe ou coas que non foi posible o contacto telefónico

Preparando unha dose da vacina contra a covid-19
Preparando unha dose da vacina contra a covid-19 /

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou da previsión de vacinación poboacional contra a Covid-19 na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés para este martes 10 de agosto.

No Recinto feiral de Pontevedra hai 4.848 persoas convocadas pola mañá e pola tarde, para recibir o preparado de Pfizer. Son primeiras doses para persoas en idades de 20 a 29 anos. 

Tamén no recinto de FEXDEGA, en Vilagarcía de Arousa, están citadas 1.258 persoas en idades de 20 a 29 anos para recibir o seu primeiro pinchazo de Pfizer. 

Tamén haberá "repesca" para aquelas persoas de grupos de idade que xa foron citados pero que no seu caso aínda non recibiron a vacina contra a covid-19, co fin de que poidan sumarse ao proceso de inmunización. Moitos son cidadáns que inicialmente rexeitaron a profilaxe ou coas que non foi posible o contacto telefónico.

No Hospital Montecelo foron convocados 175 persoas e no comarcal do Salnés otras 54, todos eles miores de 40 anos que serán vacinados con Janssen.

O conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Julio García Comesaña, amosouse decepcionado ao constatarse que a nosa Comunidade Autónoma non vai recibir nin unha soa das 3,4 millóns de doses extra anunciadas a semana pasada polo presidente do Goberno.

Galicia terá, este mes de agosto, menos doses das que tivo en xuño e en xullo, "o que non é de recibo". Ademáis nesta semana e a seguinte o envío de viais de Moderna se reduce un 50%, o que significa que, "non podemos administrar esas primeiras doses, posto que debemos garantir as segundas, que xa corresponden por tempo". 

"A estas persoas se lles administrará Pzifer, grazas á reserva estratéxica que fai a nosa Comunidade", indicou o conselleiro.