Controlan o lume que ardeu toda a noite en Carballedo e arrasou 54 hectáreas

Cerdedo-Cotobade
13 de agosto 2016

Segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse ás 17.44 horas deste venres e antes de darse por controlado ás 12.44 deste sábado traballaron na súa extinción cinco axentes, 10 brigadas, seis motobombas, tres pas, catro helicópteros e catro avións

Labores de extinción do incendio de Carballedo
Labores de extinción do incendio de Carballedo / Diego Torrado

O incendio iniciado na tarde deste venres nos montes de Carballedo, en Cotobade, deuse por controlado ás 12.03 horas deste sábado logo de arder durante arredor de 18 horas e arrasar con 54 hectáreas de arborado, segundo as estimacións provisionais. 

Segundo a información facilitada pola Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse ás 17.44 horas deste venres e antes de darse por controlado traballaron na súa extinción cinco axentes, 10 brigadas, seis motobombas, tres pas, catro helicópteros e catro avións.

O lume, o terceiro declarado en Cotobade nesta semana, deixou, ademais, un brigadista ferido. Un home que traballaba en tarefas de extinción na zona de A Chan, en Carballedo, sufriu un corte nunha perna que obrigou a que, coa axuda da Garda Civil, fora evacuado en ambulancia ao hospital