A contratación por 40.000 euros o acondicionamento como aparcadoiros das parcelas de Inferniño

Marín
13 de xaneiro 2025
Actualizado: 21:18

Os traballos permitirán eliminar a matogueira, facer muros de contención e pavimentar para poder utilizar as parcelas como aparcadoiros públicos de balde, sumando máis de 100 prazas de estacionamento

Zona da Rúa Inferniño na que se habilitarán dous aparcamentos
Zona da Rúa Inferniño na que se habilitarán dous aparcamentos / Concello de Marín

A Sede Electrónica ten aberta a contratación dos traballos de acondicionamento e adecentamento de cinco parcelas de Inferniño.

O Concello de Marín conseguiu estos terreos en réxime de aluguer para ser destinados a aparcadoiros públicos gratuítos.

Deste xeito Marín ganará 100 novas prazas de estacionamento en pleno casco urbano.

Estes traballos suporán unha inversión de case 40.000 euros, para actuar nos máis de 2.700 metros cadrados.

A actuación consistirá en despexar e rozar toda a vexetación, así como a compactación dos terreos, a súa pavimentación e a creación de muros de contención.

En toda esta zona, sumando estas novas 100 prazas e as 25 que se habilitaron en José del Río, mellórase o acceso ao estacionamento nun entorno que está moi cercano ás principais rúas céntricas.