Continúan en ascenso o número de casos activos na comarca de Pontevedra

Pontevedra
22 de outubro 2020

No municipio de Pontevedra detectáronse 21 casos novos situándose a cifra en 211; en Marín hai 34 casos activos, dous máis que na xornada do mércores e en Poio 43, sumando tamén dous casos máis

Incidencia da covid.19 nos concellos da área sanitaria a 22 de outubro
Incidencia da covid.19 nos concellos da área sanitaria a 22 de outubro / Servizo Galego de Saúde

Pontevedra e Poio continúan situados no nivel máximo de alerta por contaxios que establece a Consellería de Sanidade dentro do 'semáforo covid', que reflicte os novos casos detectados a través do sistema de probas PCR. 

Segundo os datos ofrecidos polo goberno municipal de Pontevedra, o número de casos activos no municipio sitúase en 211 casos, 21 máis que na xornada do mércores despois das últimas probas. 

No caso do municipio de Poio, os pacientes coa infección activa neste xoves é de 43, dous máis que durante o mércores, segundo os datos que a  Xerencia da área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

Pola súa banda en Vilagarcía de Arousa, outro dos municipios que se atopa en nivel de alerta 3 na área sanitaria, a cifra ascende a 62, tres casos máis durante as últimas 24 horas. Nestes  concellos, as medidas para a cidadanía seguirán sendo as restriciós anunciadas este mércores pola Xunta para toda Galicia.

Marín, segundo os datos ofrecidos polo goberno local, sitúa a cifra en 34 casos activos, dous máis que durante a xornada anterior.

Pola súa banda o Concello de Sanxenxo reflicte 17 casos activos, un menos que na xornada do mércores.

En Cambados rexistrouse tamén un descenso situándose en 18 o número de casos activos, tres menos que hai 24 horas.

Pola súa banda, Vilanova de Arousa sinala que non se produciu ningún novo contaxio durante as últimas 24 horas, o número de casos en activo baixa a 30 tras rexistrarse unha alta médica. En nivel mantense en laranxa, a pesar de baixar o número de  contagios diarios. Segundo os datos que manexa este  Concello tras as informacións facilitadas polo SERGAS nesta área detéctanse 19 casos positivos por cada 100.000 habitantes. 

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, mantén que no seu municipio  exiten máis de 30 positivos e ao redor dun centenar de persoas  confirnadas nos seus domicilios  pante o alto nivel de transmisión que se detecta nesta zona. 

O resto dos municipios da área sanitaria mantéñense no nivel de alerta 0 (verde), tras terse detectado menos de sete positivos en covid-19 nos últimos sete días.