Continúa o cambio de tendencia e aumenta o número de positivos na área sanitaria con 2.023 casos activos

Pontevedra
04 de marzo 2022

Nas últimas 24 horas detectáronse 248 novos positivos na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés e a cifra de casos activos aumenta en 128 persoas. 65 enfermos atópanse hospitalizados, cinco deles permanecen na Unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo

Datos covid-19 na área sanitaria este venres 4 de marzo de 2022
Datos covid-19 na área sanitaria este venres 4 de marzo de 2022 / Consellería de Sanidade - Xunta de Galicia

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés conta este venres con 60 pacientes covid en planta de hospitalización, cinco menos que onte, dos que 56 atópanse no Hospital Montecelo; tres no Hospital do Salnés e un no Hospital QuirónSalud de Pontevedra. A eles hai que sumar cinco pacientes que permanecen na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, un máis que o xoves.

Ademais, 1.958 casos positivos continúan evolucionado nos seus domicilios. En total, este venres 4 de marzo contabilízanse 2.023 positivos na área sanitaria e se mantén a liña ascendente das últimas horas, con 128 casos máis que onte.

Nas últimas 24 horas realizáronse 259 probas diagnósticas co resultado de 248 novos positivos.

Mantense a cifra de falecementos en 260 persoas e o número de enfermos curados ascende a 55.905, 120 máis que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

DATOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa este venres dun total de 16.933 de casos activos en Galicia, 568 máis que na xornada do 3 de marzo, repartidos da seguinte forma por áreas sanitarias: 3.246 na Coruña; 2.131 en Lugo; 2.057 en Ourense; 2.023 en Pontevedra; 3.343 na área de Vigo; 3.096 en Santiago; e 950 positivos en Ferrol. 

Dos pacientes positivos, 29 atópanse na UCI, un máis que o xoves; 391 en unidades de hospitalización, cinco menos que onte; e 16.513 persoas permanecen nos seus domicilios. Nas últimas horas rexistráronse catro falecementos de persoas de máis de 85 anos, que elevan a cifra de mortes con infección en Galicia a 3.118 persoas desde o inicio da pandemia.

Nas últimas horas rexistráronse 1.794 positivos novos por coronavirus, 255 máis que os notificados o xoves e 112 máis respecto a os detectados hai unha semana