O casco urbano de Barro dará a benvida aos primeiros contedores marróns coa intención de expandir a compostaxe.
A Concellería de Obras e Servizos solicitou á Consellería de Medio Ambiente dúas subvencións para mellorar a recollida de resíduos orgánicos no municipio con cargo aos fondos Next Generation, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
A primeira liña de subvencións pretende a implantación deses primeiros contedores marróns no casco urbano, destinados a vivendas e produtores singulares.
Son 175 cubos de 10 litros e bolsas compostables, que se distribuirán entre a veciñanza para que separen en orixe os residuos orgánicos ou os destinen ao composteiro comunitario.
O tenente de alcalde e concelleiro de Obras e Servizos, José Sanmartín, explica que no caso dos productores singulares ou grandes productores van facilitar 35 contedores para a rúa de diversos tamaños e 35 de 60 litros para o interior.
En canto á segunda liña da subvención, a intención é aumentar o número de composteiros individuais no rural, con 175 unidades e outros tantos aireadores para facilitar o seu uso.
Segundo a información facilitada por José Sanmartín, a idea é colocar os composteiros en núcleos completos, onde tamén estarán ubicados os demáis contedores de reciclaxe.
As axudas solicitadas incluirán campañas de concienciación e información sobre a nova lei de residuos, que obriga aos concellos a separar, recoller e tratar os residuos orgánicos de forma separada, ben en plantas de compostaxe ou noutro sistema como centros de compostaxe comunitario ou individual.
Ademáis de cumplir coa nova norma, o tenente de alcalde quere "rebaixar o máximo posible" as máis de 1.344,61 toneladas de RSU enviados en 2024 a Sogama e aumentar a reciclaxe de cartón e envases.