Conta atrás para a celebración de Pontenciencia

Pontevedra
26 de abril 2024

A Escola de Enxeñería Forestal acollerá durante o 3 e 4 de maio a undécima edición de Pontenciencia, un proxecto que ten como obxectivo desenvolver o pensamento investigador e proxectar á súa vez unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación

Presentación da feira anual Pontenciencia
Presentación da feira anual Pontenciencia / Mónica Patxot

A Escola de Enxeñería Forestal acollerá durante o 3 e 4 de maio a undécima edición de Pontenciencia, un proxecto que ten como obxectivo desenvolver o pensamento investigador e proxectar á súa vez unha visión dinámica e atractiva da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

O programa, impulsado polo Concello de Pontevedra xunto coa Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), contará un ano máis cos comités científicos formados por profesorado universitario da UVigo e do CSIC; alumnado de educación primaria que pode participar a través das modalidades 'Ciencia no Cole' e 'Ciencia en Familia' alumnado de educación secundaria, bacharelato e formación profesional; alumnado do Programa de Maiores do Campus de Pontevedra da Uvigo e cidadanía en xeral.

Deste xeito, serán 462 os investigadores e investigadoras que participarán este ano na feira, haberá 27 actividades diferentes e 29 investigacións que se presentarán diante dun xurado que valorará o traballo realizado nas aulas e o resultado final.

"É fundamental que Pontenciencia siga existindo implicando a familias e colexios. Os nenos o desfrutan", indicou Ana Belén Fernández que, en representación da Universidade de Vigo, explicou a importancia que ten que a ciencia se promova desde pequenos.

Neste sentido, o profesorado do CPR P Calasancio, CIFP A Xunqueira e CFEA A Lourizán destacou que este concuso de proxectos, o alumnado adoita collelo "con moito entusiasmo e ilusión" ao permitir "saír da rutina e descubrir cousas por si mesmos". Encaixa ademais na forma de traballar dos docentes, que poden integrar varias materias e crear un sistema enfocado en "pensar e razoar" de forma motivadora e rechamante para os participantes.

CENTROS PARTICIPANTES E AS SÚAS MODALIDADES

Pontenciencia contará nesta ocasión na modalidade de 'Ciencia no Cole' con nove centros educativos de Educación Primaria con 11 investigacións diferentes. Serán o CEIP San Martiño, CPR P Sagrado Corazón de Pontevedra, CEIP Manuel Vidal Portela, CPR Sagrado Corazón de Jesús Praceres de Lourizán, CEIP Santo André de Xeve, CPR P Calasancio, CEIP P Froebel, CEIP de Ponte Sampaio e CEIP Daría González García.

No caso de 'Ciencia en Familia', serán 10 as familias participantes con sete investigacións, mentres que nos 'Premios Xoves Investigador@s' da ESO, Bacharelato e FP participarán 11 investigacións dos centros CIFP A Xunqueira, IES #Luis Seoane, CFEA Lourizan, IES Montecelo e IES Gonzalo Torrente Ballester.

Consulta nesta ligazón o programa de Pontenciencia