Consulta o dispositivo especial de tráfico polo paso de La Vuelta

20 de agosto 2013

Con motivo da saída da segunda etapa da Vuelta Ciclista a España dende Pontevedra o próximo 25 de agosto, a Policía Local de Pontevedra levará a cabo un operativo especial de tráfico que conlevará restricións de circulación o propio domingo e prohibición do estacionamento en diversas rúas xa dende a noite do sábado

Con motivo da saída da segunda etapa da Vuelta Ciclista a España dende Pontevedra o próximo 25 de agosto, a Policía Local de Pontevedra levará a cabo un operativo especial de tráfico que conlevará restricións de circulación o propio domingo e prohibición do estacionamento en diversas rúas xa dende a noite do sábado.

En canto a os estacionamentos, dende as 22.00 horas do sábado 24 de agosto prohíbese aparcar no peirao das Corvaceiras e as rúas Raíña Vitoria, Alameda e Echegarai. Dende as 7.00 horas do domingo non se poderá deixar o coche en Cobián Roffignac, a intersección entre Pai Fernando Olmedo e Casimiro Gómez e Doutor Loureiro Crespo (no tramo entre a travesía Eiriña e Antón Fraguas).

Ademais, a partir das 7.00 horas péchanse ao tráfico as rúas Alameda, Raíña Vitoria, Echegarai e Arcebispo Malvar (entre Pardo Bazán e a praza de España). A partir das 12.30 horas, e durante o tempo que tarden en pasar os participantes, a restrición afectará a todo o percorrido. Calcúlase que durará unha hora.

As rúas afectadas polo paso dos corredores son a praza de España, Michelena, Praza Peregrina, Cobián Roffignac, Pai Amoedo, avenida de Bos Aires, avenida de Uruguai, ponte das Correntes, Domingo Fontán, Ponte do Burgo, avenida de Bos Aires, Pai Gaite, Pai Fernando Olmedo, Casimiro Gómez, Doutor Loureiro Crespo, Benito Corbal, Sagasta, Peregrina, avenida de Vigo e saída cidade polo No do Pino.

Os vehículos estacionados no percorrido non poderán moverse ata o remate do paso da Vuelta, quedando prohibido tamén o acceso e saída de vehículos a garaxes.

Este martes o Concello de Pontevedra empezou a repartir un millar carteis por toda a cidade, especialmente nas rúas afectadas, co fin de informar aos veciños das medidas que se adoptarán neste operativo de tráfico. Repartiranse en establecementos públicos e entradas garaxes en eles a Policía Local recomenda evitar desprazamentos polo centro de 12.30 a 13.30 horas.

A entrada e saída da cidade pola zona Sur recoméndase facela utilizando a rúa Eduardo Pondal, cruce do Marco e a circunvalación pola autopista AP-9. Dende o Norte aconséllase ir pola ponte dos Tirantes e a avenida Compostela. A zona Leste non se verá afectada.