Sanxenxo está preto de contar co primeiro punto de recarga de vehículos eléctricos no parque empresarial de Nantes.
A Comisión de Urbanismo deu este luns luz verde a un proxecto impulsado por Instavolt para a implantación dunha electrolinera sostible en Sanxenxo, creada co obxectivo de servir como estación de carga eléctrica.
A parcela onde se levará a cabo a obra ten unha superficie de 225 metros cadrados, dentro da área comercial na que xa están implantadas firmas como Kiwoko, Jysk ou Action e proximamente Aldi.
Trátase dun punto de recarga dos vehículos eléctricos cun total de oito puntos.
Durante a sesión aprobouse a licenza para construír 157 vivendas en 17 bloques con aparcadoiros, trasteiros, zonas comunitarias, comercial e piscina en Mourelos, no sector SU12 Noalla.
Tamén se deu luz verde á licenza para construír unha nave de planta baixa para almacén con actividade comercial cunha superficie de 504 metros cadrados.
O tres asuntos foron aprobados en Comisión de Urbanismo, presidida polo alcalde, Telmo Martín, e coa asistencia da concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda, María Deza, así como dos portavoces do PSOE, Fernando Otero, e do BNG, Francisco Leiro.