Constituido o xurado que avaliará os anteproxectos para a rehabilitación de Santa Clara

Pontevedra
29 de maio 2023

Actuou como presidente do xurado o director do Museo Xosé Manuel Rey, e como vogais a xefa de xestión do Museo Sonia Mateos, o secretario da Deputación Carlos Cuadrado, a xefa do servizo provincial de Arquitectura Mª Carmen Gómez e unha arquitecta deste departamento, Sara Piñón

Reunión do xurado que avaliará os anteproxectos para a rehabilitación de Santa Clara
Reunión do xurado que avaliará os anteproxectos para a rehabilitación de Santa Clara / Deputación de Pontevedra

Este luns quedou constituido o xurado que avaliará os anteproxectos para a rehabilitación de Santa Clara.

Actuou como presidente do xurado o director do Museo Xosé Manuel Rey, e como vogais a xefa de xestión do Museo Sonia Mateos, o secretario da Deputación Carlos Cuadrado, a xefa do servizo provincial de Arquitectura Mª Carmen Gómez e unha arquitecta deste departamento, Sara Piñón.

Por designación da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta participou Belén Suárez -xefa do servizo de Arquitectura na delegación en Pontevedra-, polo Concello de Pontevedra Rosa Magdalena Fernández, e polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), Jesús Irisarri Castro.

Estiveron presentes telemáticamente, Teresa Táboas, que tamén está no Consello Asesor do Museo (dende México DF); e Gonçalo Byrne, presidente da Orden dos Arquitectos de Portugal (desde Lisboa), así como a directora do Museo Nacional e Centro de Investigación de Altamira en Cantabria, Pilar Fatás (dende Comillas).

A vindeira reunión de valoración quedou marcada para o 5 de xuño.