Constituído o novo Parlamento de Galicia, con pacto BNG-PSOE para a Mesa

Pontevedra
18 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A XII Lexislatura do Parlamento de Galicia inaugurouse este luns 18, xusto un mes despois das eleccións autonómicas, coa sesión constitutiva da Cámara.  A maioría absoluta de 40 deputados permitiu ao PP repetir na Presidencia, que, por terceira lexislatura consecutiva, ocupa xa Miguel Santalices

O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, na sesión constitutiva
O presidente do Parlamento, Miguel Santalices, na sesión constitutiva / EFE/Lavandeira jr

A XII Lexislatura do Parlamento de Galicia inaugurouse este luns 18, xusto un mes despois das eleccións autonómicas, coa sesión constitutiva da Cámara. 

A maioría absoluta de 40 deputados permitiu ao PP repetir na Presidencia, que, por terceira lexislatura consecutiva, ocupa xa Miguel Santalices. O deputado máis veterano da Cámara, desde hai 27 anos, avanzou, iso si, que será a última.

Nun breve discurso, na que é a súa "segunda casa", dixo que non repetirá e sinalou: "Oxalá que esteamos á altura da confianza que a xente depositou en nós co seu voto". Ademais, pediu a "colaboración de todos" e fixo unha alegación "pola paz mundial".

A sesión constitutiva deixou ver a vontade de entendemento entre o BNG e o PSOE, segunda e terceira forza, respectivamente. A pesar de que os resultados do 18F deixaban aos socialistas fose da Mesa do Parlamento, chegaron a un acordo para evitalo.

Ambos os partidos negociaron e os nacionalistas explicaron que ceden ao PSOE a secretaría segunda "en aras a visibilizar a pluralidade da Cámara tamén nos seus órganos de dirección". O BNG nomeou á cambadesa Montse Prado como vicepresidenta segunda e polos socialistas subiuse á tribuna Patricia Iglesias.

Na Mesa do Parlamento, resulta destacada a incorporación da ata o de agora conselleira de Infraestruturas da Xunta, Ethel Vázquez, un movemento que xa anticipa cambios no futuro goberno galego presidido por Alfonso Rueda. Elena Candia, presidenta do PP en Lugo, é vicepresidenta primeira.

O pleno constitutivo ccomezou cunha mesa de idade conformada por José Manuel Mato Díaz (PP), o arousán Raúl Santamaría (PP) e Iago Suárez (BNG), os tres do trinque na Cámara.

Votado e constituído o órgano reitor, os deputados electos prestaron promesa e xuramento para tomar posesión oficial do escano. Todos os representantes do BNG e PSOE prometeron o cargo, mentres que no PP foron maioritarios os xuramentos, excepto oito dos 40 parlamentarios, que o prometeron.

Os deputados do BNG tomaron posesión sobre a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ‘Sempre en Galiza’ e un caravel, prometeron o cargo "por imperativo legal" e enunciaron o seu "compromiso para defender os intereses e dereitos nacionais e sociais do pobo galego".

Na sesión de investidura non faltou representación pontevedresa da man do presidente do PP provincial e da Deputación, Luis López, e tamén estivo presente a ex presidenta do Parlamento Pilar Rojo.

Esta lexislatura será a primeira íntegra de Alfonso Rueda como presidente. Dos 75 deputados en toda Galicia, 22 son por Pontevedra, 11 do Partido Popular, 8 do BNG e 3 do PSOE.

Os números 1 de PP e BNG repiten, Alfonso Rueda e Luís Bará, mentres que no PSOE estréase Elena Espinosa, ex ministra e actualmente deputada en Vigo.

Por parte do PP, repiten Rueda e Alberto Pazos. Estréanse Patricia García (2), María Martínez (3), Román Rodríguez (4), (5); Raúl Santamaría (7), Marta Mariño Regueiro (8), María Dolores Hermelo (9), María Deza (10),e José Balseiros (11).

No grupo parlamentario do BNG repiten #Luis Bará e os seus números 2, Montse Prado Cores; 3, Alexandra Fernández Gómez; e 4, Paulo Ríos Santomé. Entran novos Carmela González Igrexas (5), Cristina Fernández Davila (6), Brais Ruanova Boasvilas (7) e Ariadna Fernández González (8). 

No PSOE, só repite a número 3, Paloma Castro, actual concelleira en Pontevedra.  Estréanse Elena Espinosa e Carlos López Font.