Constituída a mesa de traballo pola Ría de Pontevedra que promove ENCE

Pontevedra
30 de xuño 2016

Este xoves celebrouse a primeira reunión da nesa de traballo pola Ría de Pontevedra con presenza de 13 organizacións e entidades da comarca e que serviu para sentar as bases do seu funcionamento

Mesa de Traballo pola Ría de Pontevedra
Mesa de Traballo pola Ría de Pontevedra / Mónica Patxot

Este xoves celebrouse a primeira reunión das entidades participantes na nesa de traballo pola Ría de Pontevedra, que serviu para sentar as bases de funcionamento da entidade.

A empresa Ence, promotora desta iniciativa, explicou que esta mesa de traballo nace co obxectivo de "xerar un espazo de encontro permanente entre entidades vencelladas directa ou indirectamente coa ría" e con dous intereses comúns: promover a "excelencia ambiental" da ría e seu "desenvolvemento sustentable". 

Entre as funcións que terá están o seguemento da calidade das augas de ría, a planificación de actividades para promover o desenvolvemento sustentable na ría, ou o fomento do coñecemento dos seus valores naturais na comarca.

O grupo acordou na súa primeira xuntanza cuestións relativas co funcionamento e escolleu o nome da entidade.

Entre outras cuestións, determinouse que a mesa reunirase con carácter trimestral.

As entidades participantes son: Asociación de Hoteles de la ciudad de Pontevedra, Cámara de Comercio, AJE, AEMPE, Confraría de Lourizán, Confraría de Raxó, Confraría de Pontevedra San Telmo, Plataforma Pro-Industria, Asociación Tenlo de Marín, Autoridade Portuaria, Federación de Asociación de Veciños Ría de Marín, Asociación polo Saneamento da Ría, e Ence Energía y Celulosa.

Arquivado en