A serie "A cociña gourmet en conserva" ofrécenos unha proposta culinaria ideal como entrante, coa que imos aproveitar todos os beneficios que nos ofrecen os berberechos de Conservas Pescamar.
Os berberechos son moluscos altamente nutritivos, grazas ao seu contido en ferro e en proteínas de calidade. Ademais, teñen unha baixa porcentaxe de graxas.

Para preparar un delicioso Consomé de mar con berberechos Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes (4 persoas):
- 1 lata de berberechos ao natural Pescamar
- 100 g de gambas peladas
- 1 litro de caldo de marisco ou peixe
- Aceite de oliva
- 2 tomates maduros
- 1 cebola
- 1 dente de allo
- 1 porro
- Sal
- Pemento picante en po
Elaboración:
Picamos a cebola, o allo, o tomate e o porro e incorporámolos a unha tixola cun pouco de aceite. Fritimos lixeiramente.
Engadimos o caldo de marisco ou peixe e seguimos cocendo ata que o caldo estea concentrado.
Agregamos as gambas peladas e os berberechos ao natural Pescamar e levamos a ebulición. Retiramos do lume e salpementamos.
Introducimos a mestura nun vaso de batedor, reservando algunhas pezas de gambas e berberechos para decorar. Batemos.
Presentamos en cuncos individuais cada consomé e decoramos con algunha das pezas que reservaramos.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.
