Consomé de mexillóns Pescamar con infusión de fiúncho e azafrán

Pontevedra
10 de novembro 2018

Unha receita moi sinxela coa que imos aproveitar o caldo de cocer mariscos ou peixe e darlle un toque gourmet cos mexillóns Pescamar e os aromas do fiúncho e o azafrán

Consomé de mexillóns con infusión de fiúncho e azafrán
Consomé de mexillóns con infusión de fiúncho e azafrán / FROM

Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar unha receita moi sinxela coa que imos aproveitar o caldo de cocer mariscos ou peixe e darlle un toque gourmet cos mexillóns Pescamar e os aromas do fiúncho e o azafrán.

Os Mexillóns Pescamar son un produto natural altamente nutritivo, grazas á súa achega en ferro, fósforo, vitamina B12 e omega 3. O seu baixo contido en graxas e alta porcentaxe de proteínas, convértenos nunha perfecta alternativa ás carnes vermellas en dietas saudables e de control de peso.

Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, tamén nos lembra que "todas as elaboracións de peixe enlatado son moi aconsellables desde o punto de vista nutritivo".

Para preparar un delicioso Consomé de mexillóns Pescamar con infusión de fiúncho e azafrán, necesitamos os seguintes ingredientes:

- Lata de mexillóns das Rías en escabeche con aceite de oliva gourmet Pescamar

- Caldo de cocer marisco ou peixe

- Fiúncho en ramallete

- Fíos de azafrán

- Pan de molde

- Viño fino de Xerez

- Aceite para fritir

Preparación:

Levamos a ebulición o caldo de marisco ou de peixe.

Baixamos o lume e perfumamos cun chorriño de viño fino de Xerez, o fiúncho e o azafrán.

Cortamos o pan de molde en cadradiños e fritímolos. Colocamos os carochos resultantes no fondo dunha cunca.

Vertemos o consomé, colocamos tres pezas de mexillóns gourmet Pescamar por cunca e finalizamos empoando fíos de azafrán.

En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.