Consellos para que a ponte non acabe en delito

Pontevedra
05 de decembro 2017

Ás portas da ponte festiva da Constitución e a Inmaculada, a Comisaría Provincial da Policía Nacional quere compartir unha serie de consellos cos cidadáns de Pontevedra para gozar duns días festivos seguros no caso de que se vaian de vacacións

Patrulla da Policía Nacional de Pontevedra na praza de España
Patrulla da Policía Nacional de Pontevedra na praza de España / Mónica Patxot

Ás portas da ponte festiva da Constitución e a Inmaculada, a Comisaría Provincial da Policía Nacional quere compartir unha serie de consellos cos cidadáns de Pontevedra para gozar duns días festivos seguros no caso de que se vaian de vacacións. 

Os primeiros consellos refírense ás medidas de seguridade a adoptar no domicilio de residencia antes de irse de vacacións. Ademais de revisar ben que as portas e xanelas estean pechadas, recomendan non baixar por completo as persianas, non deixar obxectos de valor nin diñeiro na vivenda e facer unha relación detallada dos aparellos electrónicos. Por se fora necesaria unha identificación, aconsellan anotar os números de serie dos mesmos; e sobre todo non desconecte o timbre da porta esta é un sinal inequívoco da súa ausencia.

Ademais, recoméndase non divulgar a súa marcha aos veciños nin a través das redes sociais e deixar a algún achegado un teléfono de contacto ou unha dirección onde poder localizalo, así como unha chave para que realice visitas esporádicas á súa vivenda e recolla a correspondencia durante as súas vacacións.

No caso de que vaia a viaxar en coche, recomendan extremar as medidas de seguridade respecto ao vehículo e pertenzas e non parar o coche ante o requirimento de estraños na estrada.

No caso de que utilice transporte público, aconsellan non facturar ao seu nome equipaxes de persoas descoñecidas, evitar viaxar con cantidades importantes de diñeiro encima e non confiar as súas maletas a persoas que non estean debidamente acreditadas. Se viaxa en tren, non se dejbe perder de vista a súa equipaxe, especialmente en paradas intermedias.

No lugar de vacacións tamén hai que tomar as mesmas medidas de seguridade que habitualmente se utilizan no domicilio habitual, tales como manter en lugar seguro os seus obxectos de valor, diñeiro e cartóns de crédito. Nos lugares públicos, non se debe descoidar en ningún momento o seu bolso ou carteira e é necesario prestar especial atención alí onde concorran moitas persoas.

Outro consello é evitar os xogos de azar na rúa porque sempre son unha fraude e non facer caso aos negocios fáciles. Os carteiristas adoitan utilizar moitas artimañas para lograr os seus propósitos e recoméndase desconfiar das axudas sospeitosas como avisos de manchas ou de avarías no vehículo, pois poderían ser unha treta para un roubo. 

Aquelas persoas que queden no seu domicilio durante a ponte tamén poden colaborar alertando á Policía cando observen xente estraña no portal ou merodeando pola rúa; ou se escoita ruídos estraños en vivendas desocupadas. 

Se é vostede vítima dalgún delito ou presenza algún, solicite axuda chamando ao 091.