Confunden unha fumigación cun incendio e avisan aos bombeiros

Pontevedra
08 de outubro 2024
Actualizado: 11:43

A incidencia localizábase na rúa Alta, en pleno centro histórico, na Avenida de Santa María. Ata alí desprazouse un importante dispositivo de emerxencias

Intervención dos bombeiros na Rúa Alta
Intervención dos bombeiros na Rúa Alta / Pontevedra Viva

Unha falsa alarma mobilizou este martes a bombeiros e policía.

O Centro de Atención ás Emerxencias do 112 Galicia informaba dun incendio urbano ás 9:42 horas. 

A incidencia localizouse na rúa Alta, en pleno centro histórico, na Avenida de Santa María.

Ata alí desprazouse un importante dispositivo de emerxencias no que participaron un vehículo de intervención e un todo terreo do parque municipal de Bombeiros, dúas patrullas da Policía Nacional e outras dúas da local.

Un particular deu a voz de alarma ao confundir cun incendio co fume procedente dun local no que se estaba levando a cabo unha fumigación. Ese vapor ou gas que saía do establecemento era unha técnica empregada para o control de pragas, nada máis.

O propietario dun local lindeiro chegou a saír cun extintor para auxiliar ao seu veciño. Ao final todo quedou nunha anécdota.