Condenada a ano e medio de cárcere unha muller que vendeu 0,082 gramos de heroína por dez euros

Bueu
01 de xuño 2022

O tribunal considera probado que a investigada era consumidora habitual de drogas cando sucederon os feitos, en xuño de 2020

Guardia Civil e Policía Local de Bueu ante a Casa do Mar
Guardia Civil e Policía Local de Bueu ante a Casa do Mar / Guardia Civil

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a un ano e seis meses de prisión e ao pago dunha multa de 25 euros a unha muller por vender heroína en Bueu.

Concretamente, a procesada vendeu por dez euros 0,082 gramos de heroína, cun grao de pureza do 38%, a cal que foi intervida ao comprador por axentes da Policía Local de Bueu. 

O tribunal considera probado que a investigada era consumidora habitual de drogas cando sucederon os feitos, en xuño de 2020. 

Os maxistrados descartan que houbese algunha irregularidade na cadea de custodia, como alegou a defensa. 

Ademais, indican na resolución que a existencia de transacción quedou acreditada polos testemuños dos axentes.