A concellería de Igualdade do Concello de Bueu organiza este venres con motivo do Día Internacional contra as Violencias Machistas un programa de actos que se iniciarán ás 12.00 horas na Praza Massó cunha concentración en repulsa da violencia contra a muller. Darase lectura a un manifesto institucional centrado na reclamación de maiores dotacións económicas para os Centros de Información ás Mujeres (CIM).
Ás 12.30 hora representarase a performance 'A última cea', tamén na Praza Massó. En caso de choiva estas accións trasladaranse ao Centro Social do Mar. A performance está protagonizada por Uxía Morán, actriz licenciada pola Escola de Arte Dramática de Madrid e ofrece unha proposta sobre as experiencias de mulleres que sofren en silencio a violencia dentro dos seus fogares.
Xa pola noite, ás 21.00 horas, está previsto que o Cineclub Bueu ofreza 'Unha moza prometedora', no Centro Social do Mar, con entrada libre ata completar a capacidade do recinto. Esta película, dirixida por Emerald Fennell, mostra a historia de Cassie, unha muller que ve truncada unha prometedora carreira.
Tamén se están desenvolvendo obradoiros en centros de infantil, primaria e secundaria para concienciar aos escolares na igualdade.