A praza da Peregrina acolleu este martes unha concentración pola defensa do ensino público.
A Plataforma pola Defensa do Ensino Público, CCOO, UGT y representantes del PSOE reuníronse para ler un manifesto. Entre as medidas que esixen atópase a creación dun pacto de ensino consensuado, a derrogación da LOMCE, os recortes, a falta de axudas para os estudantes, a pouca colaboración cos centros de ensino e que se pasen por alto as queixas dos docentes.
Denuncian a pasividade das administracións e dos políticos para buscar solucións e sinalan que a Subcomsión de Educación no Congreso, creada especialmente para a elaboración dun novo e mellorado pacto educativo, foi abandonada polos partidos políticos.
Esta é unha das protestas que levarán a cabo para denunciar a política educativa posta en marcha polo PP, e anuncian que estarán pendentes de todos os grupos políticos para decidir a quen apoiarán nos meses vindeiros.