Concentración en Pontevedra contra a sentenza de 'La Manada'

Pontevedra
26 de abril 2018

O Colectivo Feminista de Pontevedra fai un chamamento á cidadanía para concentrarse contra a decisión tomada polo Tribunal de Navarra no caso de 'La Manada'. Terá lugar na tarde de este xoves ás 20:00 horas diante da Audiencia Provincial de Pontevedra, na rúa Rosalía de Castro

Cartel da convocatoria do Colectivo Feminista de Pontevedra
Cartel da convocatoria do Colectivo Feminista de Pontevedra

O Colectivo Feminista de Pontevedra fai un chamamento á cidadanía para concentrarse contra a decisión tomada polo Tribunal de Navarra no caso de 'La Manada'. Terá lugar na tarde deste xoves ás 20:00 horas diante da Audiencia Provincial de Pontevedra, na rúa Rosalía de Castro.

Baixo o lema 'porque non é non' entre outros, as rúas encheranse para apoiar a aquelas persoas a quen a xustiza non protexe.

O colectivo organizou tamén para o venres 27 unha xornada informativa presidida por María Luisa Lores Aguín, especialista en Radioloxía Médica e membro da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, quen realizará unha análise dos Cancros femininos: detección, falsos mitos e prevención.

O obxectivo desta charla, na que o público poderá participar coas súas experiencias persoais ou inquietudes, céntrase en informar destas enfermidades, dar a coñecer as súas causas e falará tamén dos prexuízos causados debido á privatización sanitaria e a medicación para a vida da muller.

O evento terá lugar o venres 27 ás 20:00 horas na Casa da Luz, Pontevedra.