O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, mantivo este xoves no Ministerio de Transportes e Mobilidade unha reunión co director xeral de Estradas, Juan Pedro Fernández Palomino, para abordar a situación da estrada nacional N-550 ao seu paso por Arcade que ambas administración queren "humanizar".
O goberno local de Soutomaior ven de presentar una proposta de "humanización e rexeneración urbana" redactada pola empresa Enurcoin.
Na reunión, tamén estiveron presentes o concelleiro de Infraestruturas, Pablo Garrido; o representante de Enurcoin, Enrique Urcola; o xefe da demarcación de carreteras de Galicia, Ángel González del Río e o xefe da unidade de estradas do Estado en Pontevedra, Pablo Domínguez Gómez.
O director xeral valorou de maneira positiva esta proposta e acordaron iniciar o proceso para axustar o proxecto e negociar as intervencións propostas.
O alcalde dixo deste acordo que é "unha das mellores novas para Soutomaior das últimas décadas".
Para Manu Lorenzo é "un día histórico" polo que implica respeto á mobilidade, á vertebración e o futuro de Soutomaior.
Lourenzo agradeceu o traballo realizado pola senadora del BNG Carme da Silva e a súa implicación con esta proposta e con este municipio.