Reunión entre o Concello de Moraña e a Xunta de Galicia para estudar a posibilidade de potenciar a zona fluvial do Umia ao seu paso polo municipio.
No encontro, celebrado este xoves, abordouse o interese municipal en crear unha zona de recreo para os veciños na contorna do río na Pontenova.
Ambas as dúas institiciones negociaron vías de colaboración para poder facelo posible.
Participaron na reunión a conselleira de Medio ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde, José Luís Gómez.
Segundo explica o goberno autonómico Augas de Galicia ten previsto investir este ano máis de 275.000 euros en actuacións de conservación e recuperación no Concello de Moraña, no marco do Plan de Restauración Fluvial.
Ángeles Vázquez lembrou ademais os traballos realizados para recuperar unha senda de 3,6 quilómetros na parroquia de Laxe.