Concello de Sanxenxo e Nauta alegan manter o actual uso de terrazas ata que o novo plan especial do porto o regule

Sanxenxo
16 de febreiro 2024

Unha vez que se aprobe definitivamente o plan especial de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios, pasarase á segunda fase da remodelación do porto consistente en remodelar o edificio de Capitanía Marítima

Porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo
Porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo / Mónica Patxot

O Concello de Sanxenxo e a empresa Nauta trasladaron as súas alegacións ao plan especial de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios, necesario para a remodelación do porto de Sanxenxo e no que traballa Portos de Galicia.

Nesas alegacións exponse que sexa o plan especial o que "delimite áreas, asigne usos e proceda á súa regulaciónsen comprometer a implantación futura das novas instalacións".  Engaden que se recolla o proxecto xa executado da rampla e téñase en conta o novo prazo da concesión ata 2047. Suxiren cambios en usos dalgúns espazos e correccións no acceso á zona pesqueira para incluír a urbanización executada e o emprazamento da escultura do Atlante.

O Concello tamén propón que se manteña o actual uso das terrazas, que inicialmente é incompatible coa Delimitación de Espazos e Usos Portuarios e suxiren que sexa o novo plan especial o que o regule. Nauta propón manter no seu estado actual a área de uso pesqueiro, a condición de que se garanta o acceso ás actividades de vela lixeira.

Unha vez que se aprobe definitivamente o plan especial de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios, pasarase á segunda fase da remodelación do porto consistente en remodelar o edificio de Capitanía Marítima. Levantarase unha cuberta contínua sobre a estrutura existente e tamén unha pérgola para unificar o conxunto. Ademais engadiranse paneis solares que non serán visibles nin desde o porto nin desde a cidade.