O Concello de Cerdedo-Cotobade proxecta unha nova área recreativa fluvial no entorno da Chan

Cerdedo-Cotobade
20 de marzo 2025
Actualizado: 17:25

O Concello desenrolará esta zona contemplada nas normas subsidiarias de Cotobade a través dun proxecto técnico dunha consultora

Galiza Aguete, Jorge Cubela e Fernando Vázquez
Galiza Aguete, Jorge Cubela e Fernando Vázquez / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou que o Concello proxecta unha nova área recreativa fluvial no entorno da Chan, en Carballedo, na que se investirán uns 800.000 euros

Segundo informou, trátase dunha iniciativa municipal para "conquistar o mercardo turístico natural do interior do xeodestino das Rías Baixas".

Comezará a xestarse a través do desenrolo das normas subsidiarias de Cotobade, acorde ao proxecto da consultora OAU, gañadora da licitación pública realizada para este cometido.

Os terreos que albergarán este proxecto foron supervisados polo alcalde, o tenente de alcalde Fernando Vázquez e a concelleira Galiza Aguete.

Sobre o trazado puideron comprobar como o proxecto "se adapta perfectamente ao entorno".

A grande área recreativa que se vai construir terá paseos circulares con prazas e sendeiros, un lugar de estacionamento para autocaravanas, un parque infantil e un circuito de pump track.

Segundo explicou o alcalde Jorge Cubela "o que pretendemos é dinamizar esta zona do río Almofrei converténdoa nun polo de atracción turística que permita un desenrolo positivo e harmónico do tecido económico e de lecer para a veciñanza de Carballedo".

O proxecto atópase neste momento "en proceso de resolución" despois de que se presentasen tres alegacións que terán cumprida resposta por parte dos técnicos municipais.

Esta sería a segunda iniciativa turística e de lecer que presenta o alcalde de Cerdedo-Cotobade xunto coa deseñada para a área fluvial de Cerdedo que tamén contempla un investimento importante.

"A idea é prepararnos para o futuro e converter ao noso concello nun polo moi potente de atención do turismo interior das Rías Baixas como xeodestino de vacacións así como un lugar extraordinario para captar visitantes da nosa contorna. Ademais imos gañar para a veciñanza uns espazos de lecer públicos en contacto coa natureza únicos e que serán o orgullo de todos nós", indicou Jorge Cubela.