Despois de xornadas de cruzamento de declaracións entre Xunta de Galicia e Concello de Caldas de Reis, a conta do convenio asinado para a reforma do IES Aquis Celenis, empezáronse a colocar os primeiros colectores móbiles que acollerán as aulas provisionais para o alumnado permitindo a esperada remodelación do centro educativo.
"Tras tantos atrasos, por fin a reforma vai ser realidade", resalaron tras unha visita ao IES Aquis Celenis o alcalde e tenente de alcalde Caldas, Juan Manuel Rey e Manuel Fariña.
Defenden ambos os dous que a presión do goberno local foi fundamental para desbloquear a reforma.
"Agardamos que o inicio da actividade nas casetas non teña contratempos, que estas estean correctamente illadas, acondicionadas e listas para poder comezar as clases con garantías", sinalaron agardando que poidan estar operativas "canto antes" e que tanto os estudantes como o profesorado sentan "cómodos".
Os dirixentes locais fixeron ademais unha nova chamada á colaboración coa Xunta pedindo que Augas de Galicia emita canto antes o informe que permita habilitar o aparcadoiro disuasorio que se pretende construír nunha parcela anexa ao centro, xa que se trata dun paso necesario antes de poder iniciar o proceso de expropiación e que o Concello saque a licitación os traballos.