Con xullo, abre o aparcamento da Praza do Mar de Sanxenxo

Sanxenxo
01 de xullo 2020

Segundo anunciou o Concello, Nauta poñerá en funcionamento estas novas prazas unha vez que as 208 da planta inferior estean completas. A chegada de visitantes xa se está notando na ocupación do aparcadoiro que na última semana duplicou a facturación con respecto ás primeiras semanas de xuño

Interior do parking soterrado do porto deportivo de Sanxenxo
Interior do parking soterrado do porto deportivo de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

O estacionamento da Praza do Mar de Sanxenxo abrirá a partir deste mércores 1 de xullo con 208 estacionamentos dispoñibles. 

Segundo anunciou o Concello de Sanxenxo, Nauta poñerá en funcionamento estas novas prazas unha vez que as 208 da planta inferior estean completas

A chegada de visitantes xa se está notando na ocupación do aparcadoiro que na última semana duplicou a facturación con máis de 8.000 euros respecto a as primeiras semanas do mes de xuño, de modo que se facía necesario realizar esta apertura. 

O prezo por aparcar é de 0,023 céntimos por minuto e de 15,60 polo día completo.

Ademais, o Concello de Sanxenxo iniciou este martes o pintado das prazas de estacionamento do aparcadoiro público da Lanzada. Os traballos obrigaron a pechar o espazo mentres non conclúe o pintado que se prevé durante a xornada deste martes.