Completado o proxecto que se presentará a fondos europeos para "superar o efecto barreira" da Pontevedra Leste

Pontevedra
25 de febreiro 2025

Este martes 25 de febreiro é "un día importante para Pontevedra e para todos os seus barrios", un avance para o RAIL de reconexión, accesibilidade integral e mellora ambiental de Pontevedra Leste

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra

Este martes 25 de febreiro é "un día importante para Pontevedra e para todos os seus barrios", un avance definitivo para o coñecido como RAIL Pontevedra de reconexión, accesibilidade integral e mellora ambiental de Pontevedra Leste. 

Así o afirmou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, despois da reunión extraordinaria da Xunta de Goberno local na que se aprobou o Plan de Actuación Integrado (PAI) Estratexia Integrada de Desenvolvemento Local Axenda Urbana ‘RAIL Pontevedra’

O ambito de intervención deste proxecto localízase nos barrios periurbanos lindantes ao leste coa vía do ferrocarril, é dicir, Monte Porreiro, A Seca - Valdecorvos e A Parda, co obxectivo de "superar o efecto barreira na conexión leste-oeste da cidade" e garantir a cohesión urbana, a equidade no acceso aos servizos e a sustentabilidade do modelo de Pontevedra.

Coa aprobación do PAI, o Goberno local xa pode presentar na plataforma dixital de Facenda o proxecto para poder optar a fondos europeos Feder. Tal e como xa se anunciara, este proxecto está valorado en 20 millóns de euros e opta a 12 de financiamento europeo e outros 8 con cargo a fondos municipais

Lores destacou que esta é a solicitude de fondos máis grande que fixo o Concello ata o momento e confía en que logre o financiamento necesario, pois xa teñen "a experiencia dos fondos EDUSI" e son proxectos que "cumplen todos os requisitos da subvención" e que son "completísimos" e teñen moito traballo detrás.

Monte Porreiro absorverá mais da metade do investimento (55%) do total, co plan Monte Porreiro Revive, valorado en 10,9 millóns e que inclúe infraestruturas deportivas, socioculturais e mellora de espazos públicos.

Neste barrio hai previstas cinco actuacións: renovación do campo de fútbol e rugby e da súa contorna, rehabilitación del centro social, creación de un Aula Smart TIC, o pavillón deportivo (que inclúe a praza verde sobre a cuberta) e rehabilitación integral e reforma urbana do espacio público e viario para a integración e conexión dos equipamentos deportivos, sanitarios e socioculturais

O plan Adapta e Conecta A Seca-Valdecorvos ten un orzamento de 3 millóns e contempla a xestión de inundacións provocadas polo río Valdecorvos. 

Son tres actuacións nos dous barrios da Seca e Valdecorvos: un parque inundable para o control das inundacións do río Valdecorvos, recuperación hidromorfolóxica, mellora ecolóxica e da biodiversidade do Parque e curso fluvial e rehabilitación integral, conexión urbana e novo espazo de centralidade verde sobre a vía do ferrocarril no barrio da Seca. 

O plan A Parda Verde implica 5,3 millóns de investimento para unha actuación que recuperará unha parcela degradada para dar lugar ao parque urbano máis grande da cidade. Neste caso, a actuación xa está adxudicada.

A cuarta pata deste RAIL Pontevedra será o proxecto SmartCity para poder ter a administración electrónica e TICS ao servizo da cidadanía. Supón un investimento de 700.000 euros