Compañías e grupos "de toda a Península" na sétima edición de Itineranta

Pontevedra
04 de agosto 2016

O festival de espectáculos de rúa itinerantes celebrarase os días 9, 10 e 11 de agosto coa presenza de 11 agrupacións e "espectáculos para todos os públicos e idades"  

Presentación do VII Festival Itineranta
Presentación do VII Festival Itineranta / PontevedraViva

"Espectáculos para todos os públicos e idades" eleverán o nivel de Itineranta na súa sétima edición.

O festival de espectáculos de rúa itinerantes contará este ano con 11 compañías e grupos "de toda a Península" durante os días 9, 10 e 11 de agosto.

Itineranta consolidouse no calendario festivo da cidade e "cada vez hai más xente pendente deste festival que enche Pontevedra de música de teatro, de danza, de circo, de percusión...", recoñece a concelleira de Festas, Carme da Silva.

Nesta ocasión as compañías presentes son: El Carromato (Cádiz), Scura Splats (Vila-Real), La Fam (Vila-Real), Actua Produccions (Barcelona), Escuela A.M. Miguel Jurado (Madrid), Pablo Méndez Performances (Pontevedra), Deabru Beltzak (Bilbao), Olodum do coio (Pontevedra), Todo Zancos (Badalona) e Troula (Vigo), que ademais coordina o festival.

Todas as actuacións desenvolveranse repartidas en tres itinerarios: a Ruta A (Méndez Núñez, Praza da Leña e Peregrina), a Ruta B (Teucro, Cinco Rúas, Méndez Núñez e Curros Enríquez), e Ruta C (Praza España, Peregrina e Curros Enríquez).

Desta forma a programación de Itineranta é a seguinte:

  • Martes 9 de agosto:
    • ​19:00 horas, Ruta C: Big Dancers (El Carromato)
    • 20:45 horas, Ruta A: Satsuma 3.0 (Scura Splats)
    • 21:30 horas, Ruta B: The Wolves (La Fam)
    • 22:00 horas, Ruta A: Big Dancers (El Carromato)
  • Mércores 10 de agosto
    • ​20:30 horas, Ruta C: Les Nomades (Actua Produccions)
    • 21:00 horas, Ruta B: La Danza del León (Esc AM Miguel Juzgado)
    • 21:30 horas, Ruta A: La danza de la calle (Brincadeira)
    • 22:15 horas, Ruta A: Fire Dragón (Pablo Méndez Performances)
  • Xoves 11 de agosto
    • ​20:30 horas, Ruta C: Bangaluru Cercavila (Todo Zancos)
    • 21:00 horas, Ruta B: Olodum do coio
    • 21:30 horas, Ruta A: Draco (Troula)
    • 22:15 horas, Ruta A: Su Á Feu (Deabru Beltzak)

 

Arquivado en