Nas eleccións sindicais do persoal funcionario da Deputación, nas que correspondía elixir unha Xunta de Persoal de 21 membros, participaron un total de 686 votantes, o 82% do censo electoral.
O resultado final deixou a Comisións Obreiras con 11 delegados e 336 votos. Seguido do sindicato UXT con 7 delegados e 204 votos e a CIG con 3 delegados e 111 votos.
Ademais houbo 26 votos en branco e 10 votos nulos.
Nas 4 mesas electorais déronse os seguintes resultados: Na Mesa Itinerante (Servizos Periféricos): CC.OO. 29 votos, UXT 24 votos e CIG 9 votos. Na Mesa do Parque de Maquinaria: CC.OO. 38 votos, UXT 9 votos e CIG 3 votos. Na Mesa do Príncipe Felipe: CC.OO. 66 votos, UXT 53 votos e CIG 37 votos. E na Mesa do Pazo Provincial (Servizos Centrais ): CC.OO. 203 votos, UXT 118 votos e CIG 62.
Comisións Obreiras gañou en todas as mesas electorais e consegue maioría absoluta ao obter 11 dos 21 representantes da Xunta de Persoal.
Para Comisións Obreiras estes resultados supoñen "o referendo a liña de acción sindical reivindicativa mantida polo sindicato, e a defensa dos servizos públicos fronte a políticas privatizadoras do goberno provincial, que veu corroborada coa obtención do 75% dos votos do persoal do Parque de Maquinaria".
"O persoal funcionario da Deputación non lle dou as costas a CC.OO., a pesar do traballo moi activo desenvolvido polo partido maioritario do goberno provincial a favor da UXT, e manifestouse con claridade a favor dunhas relacións laborais nas que se poña en valor a defensa dos intereses colectivos do cadro de persoal, fronte a prebendas para algúns", manifestou nunhas comunicado Comisións Obreiras.