Comezan os traballos para facer accesible o paso peonil inferior da Ponte da Barca

Poio
09 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

Este é un acceso moi utilizado pola veciñanza para cruzar de un lado a outro da ponte e achegarse, por exemplo, á Casa Rosada e ao centro comercial

Comezan os traballos para facer accesible o paso peonil inferior da Ponte da Barca
Comezan os traballos para facer accesible o paso peonil inferior da Ponte da Barca

Este martes comezaron os traballos para garantir a accesibilidade no camiño ao paso peonil inferior da Ponte da Barca. O Concello de Poio puxo en marcha estas obras para eliminar as barreiras que se atopan as persoas con mobilidade reducida. 

A previsión é que os traballos estean rematados a finais desta semana. 

Este é un acceso moi utilizado pola veciñanza para cruzar de un lado a outro da ponte e achegarse, por exemplo, á Casa Rosada e ao centro comercial.

O concelleiro de Obras e Servizos, Marcial García, reuniuse coa empresa encargada de facer as obras que consistirán en adaptar todo o camiño que dá acceso ao paso inferior da ponte, compactando todo o sendeiro con grava e colocando pontóns de madeira. Ademais, cambiarase a rasante do camiño para evitar acumulación de auga.

Marcial García sinalou que "é un investimento moi necesario" e recordou que tamén "é un compromiso adquirido polo goberno local" cos veciños desta zona e moitos dos usuarios que cada día fan uso deste paso.