Comezan as primeiras visitas guiadas ao interior do Convento de Santa Clara

Pontevedra
05 de febreiro 2022

Este sábado comezaron as primeiras visitas guiadas que o Concello de Pontevedra ofrece ao interior do Convento de Santa Clara. Este é o primeiro día das visitas que se realizarán todos os fines de semana do mes de febreiro. Terán catro quendas por día e poderán participar 20 persoas para garantir as medidas de seguridade e a calidade da visita

Primeiras visitas guiadas a Santa Clara
Primeiras visitas guiadas a Santa Clara / Concello de Pontevedra

Este sábado comezaron as primeiras visitas guiadas que o Concello de Pontevedra ofrece ao interior do Convento de Santa Clara. Este é o primeiro día das visitas que se realizarán todos os fines de semana do mes de febreiro. Terán catro quendas por día e poderán participar 20 persoas para garantir as medidas de seguridade e a calidade da visita.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda acudiron á recepción dos visitantes e pudieron comprobar o estado de execución da rampla que dará acceso á Igrexa.

Durante o acto, Lores fixo pública a carta que recibiu da abadesa de Santa Clara, Victoriana Jorde Herrero, e explicou que o Convento "agocha segredos que os sorprenderán". Tamén informou aos participantes na visita dos traballos que en colaboración coa Deputación provincial, a través do Museo de Pontevedra, se van a ir facendo nos vindeiros meses para coñecer tanto a historia como as posibilidades que ofrece esta xoia da cidade.

En cada visita os participantes poderán coñecer espazos como a Igrexa, os dous coros, refectorio, locutorios, salas de traballo ou os dormitorios entre outras estancias. Tamén se achegarán ao exterior para ver horta, xardín e Bosque da man dun guía.

Pola súa banda, o vindeiro 18 de febreiro, o sistema volverá a activarse para proceder coas reservas das visitas de marzo. Ademais, a día de hoxe existe a posibilidade de se apuntar para a listaxe de agarda das visitas de febreiro, pero, segundo indican desde o Concello, é preciso indicar que esa listaxe de espera non serve para as visitas de marzo, xa que será obrigatorio volver encher o formulario en liña habilitado na páxina oficial www.santaclarapontevedra.gal. A lista de espera actual só serve para, no caso de que alguén cancele a súa reserva -xa adxudicada-poida acudir outra persoa, a seguinte na lista, por rigorosa orde de petición.

O concelleiro de Patrimonio Xaquín Moreda adiantou que a estes dous primeiros meses de visitas poderá seguirlles outros máis, xa que se segue existindo interese por parte dos pontevedreses e pontevedresas para coñecer o convento, ofreceranse máis visitas guiadas nos vindeiros meses.