Comezan as obras que levarán o saneamento a máis de 80 vivendas de Alba, Lérez e Cerponzóns

Pontevedra
29 de novembro 2020

O proxecto de instalación do novo saneamento da parroquia de Alba comezou esta semana polo lugar da Devesa. As obras, que realiza a empresa Oresa, terán un orzamento de 1.651.849,63 euros

Obras de saneamento no rural de Pontevedra
Obras de saneamento no rural de Pontevedra / Concello de Pontevedra

O proxecto de instalación do novo saneamento da parroquia de Alba comezou esta semana polo lugar da Devesa. As obras, que realiza a empresa Oresa, terán un orzamento de 1.651.849,63 euros.

A actuación impulsada pola Concellaría do Ciclo da Auga dará servizo a 83 vivendas e prevé a instalación das novas redes de sumidoiros, a creación dun bombeo colectivo no lugar da Devesa e a reposición de máis dun quilómetro da rede de pluviais existente.

Este proxecto dará servizo aos lugares de Touceda, Pontecabras, O Bispo e A Devesa na parroquia de Alba e tamén servirá para conectar o lugar da Cendona na parroquia de Lérez; e de Vigario na parroquia de Cerponzóns.

O custo por vivenda está estimado en 30.000 euros, segundo a información facilitada pola concellería que xestiona Raimundo González.

A parroquia de Alba é unha das zonas do norte de Pontevedra que ten máis completa a rede de sumidoiros, realizada nos últimos anos con fondos propios do Concello. Quedaría por executar este investimento de 1,6 millóns de euros para completar a totalidade da parroquia