A Xunta inicia en Chancelas as obras de instalación dun paso de peóns con semáforo na estrada autonómica PO-308. Esta actuación, que supuxo un custo de case 38.000 euros, constará cun prazo de execución dun mes.
Tras a demanda dos veciños, finalmente colocarase un semáforo con pulsador destrás da parada de bus.
Tamén se habilitará un pequeno refuxio para a instalación do semáforo e a espera dos cidadáns. Deste xeito preténdese facilitar os cruzamientos e mellorar a seguridade viaria da zona.
Esta actuación inmediata complementarase posteriormente coas obras de mellora de seguridade viaria recollidas no proxecto de senda entre Combarro, Chancelas e Samieira.